Viaxaremos á Comarca de Vigo para contar a
"Historia en Feminino" no Concello de Baiona, alí Ana Hermida fará un
achegamento ao público infantil das moitas e sobresaíntes, así como
descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras,
inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida
nesta historia en feminino. Actividade organizada polo Arquivo Histórico e
Biblioteca Pública Municipal de Baiona Sancti Spiritus, Concellería de Cultura
de Baiona.
Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da
historia, o mércores 16 de outubro ás 18:00 h., na Biblioteca de Baiona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario