Será a nosa terceira visita, das cinco previstas neste
mes, para contar "A Historia en Feminino" no Concello de Cambados. Alí
Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil das moitas e sobresaíntes,
así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas,
guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas
teñen cabida nesta historia en feminino. Actividade organizada pola Concellería
de Muller e Igualdade de Cambados en colaboración coa Concellería de Cultura.
Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da
historia, o luns 7 de outubro ás 17:30 h., na Axencia de Lectura Municipal de Corvillón
de Cambados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario