Viaxaremos
á Comarca da Ulloa para contar "A historia en Feminino" no Concello
de Antas de Ulla, alí Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil das
moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da
historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas,
escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino.
Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da historia, o venres
25 de outubro ás 19:00 h., na Biblioteca de Antas de Ulla, que organiza esta
actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario