Pechamos a campaña de igualdade no Concello de
Cambados celebrando o Día da Biblioteca contando "A historia en Feminino", alí Ana Hermida fará un
achegamento ao público infantil das moitas e sobresaíntes, así como
descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras,
inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida
nesta historia en feminino. Actividade organizada pola Concellería de Muller
e Igualdade de Cambados en colaboración coa Concellería de Cultura.
Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da
historia, o luns 21 de outubro ás 17:30 h., na Axencia de Lectura Municipal de Vilariño
de Cambados, na Comarca do Salnés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario