Nada mellor para denunciar a situación da muller que unhas risas que invitan á reflexión. Textos que reflicten e amosan a cruel realidade das mulleres maltratadas, explotadas, infravaloradas... Para rir fai falta intelixencia, agudeza, na gargallada ábreselle a
boca, pero tamén o cerebro e no cerebro crávanseche os cravos da razón.
O público de San Sadurniño foi un público que respondeu ás expectativas e así ao remate da actuación tivo lugar o debate no que houbo intercambio de opinións e moita implicación, ese debate que sempre busco... sempre tan enriquecedor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario