Contaremos contos dende a perspectiva de xénero e igualdade, porque como di o Secretario da ONU, Ban Ki-moon, na mensaxe deste ano, no Día Internacional da Muller:
"Mesmo nas sociedades que
viven en paz, son demasiadas as nenas e as mulleres que seguen sufrindo malos
tratos no fogar, mutilación xenital e outras formas de violencia que as
traumatizan como individuos e danan sociedades enteiras. A discriminación segue
sendo unha espesa barreira que ha de romper. Debemos ampliar as oportunidades
na política, a empresa e noutros ámbitos. Debemos cambiar as mentalidades,
especialmente entre os homes, inspirándoos a que se convertan eles mesmos en
axentes activos do cambio. E debemos avalar a nosa determinación con recursos
baseándonos no entendemento seguro de que os investimentos en igualdade entre
os xéneros xeran progreso económico, inclusión política e social e outros
beneficios que, á súa vez, fomentan a estabilidade e promoven a dignidade
humana..."
A cita cos contos, actividade que organiza a Biblioteca Municipal, será o venres 6 de marzo, ás 18:30 h., na Casa da Cultura de Valdoviño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario