O Concello de Valdoviño celebrou o Día Internacional da Muller cun amplo programa, dentro do cal estaba incluída a nosa actividade "Contando en feminino", dirixido a un público familiar.
As nenas e nenos escoitaron, preguntaron, riron, sacaron as súas conclusións... e quedaron coa mensaxe que se pretendía achegar. A proba foi un debuxo que resume á perfección todo o que se lles contou. Estrela, unha nena do público, mentres eu recollía, achegouse e entregoume ese bonito agasallo que, dende ese día, gardo con moito cariño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario