Para celebrar o Dia Internacional da Muller, Ana Hermida representará esta obra enfocada dende un punto de vista humorístico que amosa a realidade da muller no seu fogar e que reflicte a crúa situación das mulleres maltratadas, tanto no físico coma no verbal e no psíquico. Porque como apunta o Secretario da ONU, Ban Ki-moon, na mensaxe deste ano, no Día Internacional da Muller:
"Neste Día Internacional da Muller, debemos recoñecer que os logros
foron demasiado lentos e dispares, e que debemos facer moito máis por acelerar
os progresos en todas as zonas do mundo. O mundo debe unir as súas forzas para responder
aos ataques contra mulleres e nenas por parte dos extremistas violentos. As
mulleres foron atacadas por intentar exercer o seu dereito á educación e aos
servizos básicos; foron violadas e convertidas en escravas sexuais; foron dadas
como trofeo aos combatentes, ou intercambiadas como mercadoría entre grupos
extremistas en redes de trata. Médicas, enfermeiras e outras mulleres foron
asasinadas por intentar exercer a súa profesión. Debemos adoptar unha postura
internacional clara contra este asalto total aos dereitos humanos da muller..."
A cita será o 8 de marzo en Lamas, Concello de San Sadurniño, ás 16:30 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario