Adiantámonos ao Día Mundial da Poesía para celebralo coas nenas e nenos de Compostela con pequenos xogos poéticos e rimas cheas de entretemento. A infancia é unha época ideal para comezar a coñecer a poesía e como Irina Bokova, Secretaria Xeral da UNESCO, di na mensaxe deste ano para celebrar este día:
"A poesía, tan antiga como a propia humanidade e igual de
diversa, ten as súas raíces en tradicións, orais e escritas, tan
variadas como o rostro humano, que capta a profundidade das emocións, os
pensamentos e os anhelos que guían cada muller e cada home. A
poesía é a expresión suprema da diferenza no diálogo e no espírito de
unidade. Cada poema, aínda que único, reflicte o universal da
experiencia humana, o anhelo de creatividade que transcende todos os
límites e as fronteiras, tanto do tempo como do espazo, na afirmación
constante de que a humanidade forma unha única e soa familia…"
Será o sábado 7 de marzo, ás 12:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario