Celebramos
o Día das Escritoras na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, con
"Palabra de Muller", no que, baixo o tema: mulleres, amor e
liberdade, farase un percorrido pola obra de mulleres pioneiras, rebeldes,
silenciadas, inxustamente tratadas, incomprensiblemente esquecidas... ás que
queremos honrar nun acto onde varias persoas representativas da cultura e
sociedade galega prestan a súa voz ás escritoras homenaxeadas. A actividade
está dirixida ao público adulto e coordinada por Ana Hermida, de Lisístrata
Asociación en colaboración coa Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.
Este
día é unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España (BNE), a Federación
Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias
(FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas (CyM).
Leremos
textos de María Victoria Moreno, Sor Juana Inés de la Cruz, Ernestina de
Champourcín, Maruxa Orxales, Dulce María Loynaz, Feliciana Enríquez de Guzmán,
Pura Vázquez, Carmen Laforet, Montserrat Roig, Rosalía de Castro, Emilia Pardo
Bazán, Isabel María Morón, Filomena Dato, Esther Tusquets, Luísa Villalta,
Robustiana Mujika Egaña (Tene), Carmen de Burgos, María Mariño, Concepción
Arenal, Anna Murrià, Xela Arias, Alfonsina Storni, Ana Carro de Mallén, María
do Carme Kruckemberg, Alejandra Pizarnik, Dulce Chacón e Francisca Herrera
Garrido.
Será o
luns 14 de outubro ás 19:30 h no salón de actos da Biblioteca. A entrada é
libre e gratuíta ata completar aforamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario