O
Concello de Dodro vai celebrar o Samaín con contos, lendas, historias
tradicionais e populares que fagan entender e coñecer moitas cousas a nenas e
nenos. Os porqués, os encantos, historias de trasnos, de feitizos... tamén de
temas históricos e de cabaleiros. Haberá, por suposto, algunha que outra
historia propia destas datas. Serán historias e lendas tradicionais con
cancións populares para o público infantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario