Voltamos á Comarca da Ribeira Sacra, desta vez ao Concello de Carballedo, para tentar concienciar á infancia na igualdade e violencia de xénero. A viaxe en si foi moi fermosa, pero cando cheguei e vin a ese público infantil que agardaba, ás nais e pais que, aínda co pouco tempo libre dispoñible, xa que estaban no tempo da vendima, fixeron un oco para achegarse xunto coas nenas e nenos á actividade e ser partícipes das historias, non podo máis que emocionarme e agradecerlles a súa colaboración e compromiso coa igualdade.
Grazas a ese público adulto e ao infantil, grazas por permitirme disfrutar de momentos como os que quedan plasmados en fotos coma esta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario