Ana Hermida
viaxará ata a Comarca do Baixo Miño, concretamente ao Concello de Tomiño, onde a ANPA do Ceip Pintor Antonio Fernández de Goián organiza esta actividade dirixida a nenas e nenos, para
achegar contos contados dende a perspectiva de xénero e igualdade. Historias
para ir concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o
tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode
cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre
coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A cita coa
igualdade será o venres 6 de novembro na Biblioteca do Ceip Pintor Antonio
Fernández de Goián, ás 17:00 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario