A actividade estaba destinada ao alumnado do CEIP San Isidro e do CEIP de Maciñeira, desenvolveuse no auditorio da Casa da Cultura e o público estivo moi activo e participativo. Antes de comezar sempre lles digo que poden preguntar calquera dúbida, que participen e sempre o fan, é moi enriquecedor e gratificante, amosan interese, queren dar a súa opinión, cando se lles propón unha cuestión sempre responden debidamente.
Pasado un tempo tiven acceso ás conclusións e reflexións tan acertadas que dese día fixeron e o único que lles podo dicir é grazas, realmente emociona comprobar que o que tentaches facer, concienciar na igualdade e violencia de xénero, cumpriu o seu obxectivo. Grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario