Mañá en Carballo 200 nenas e nenos terán unha cita con
contos contados dende a perspectiva de
xénero e igualdade. Contos e historias para ir concienciando aos máis
novos,onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo
igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista
non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e
contando, apréndese a formar en igualdade.
A esas idades as súas aportacións e visión
dos temas tratados nos contos serán moi interesantes, agardo con impaciencia o
debate que sempre hai cando fago este tipo de actividade, é moi enriquecedora
O encontro coa igualdade será o venres 23
ás 11:00 h. na biblioteca do CEIP Fogar do Concello de Carballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario