Na rolda de
prensa celebradan no Forum Metropolitano da Coruña, Baldomero Iglesias
“Mero” chamou á “reconfortarnos na autoestima todos, ser moito mais valentes e
erguer en dignidade sempre”. Alfonso Blanco reivindicou as “Letras sempre” un
convite a disfrutar da obra dunha autora ou autor...sempre. Ana Hermida convidou a
seguir iniciativas coma esta porque “valorar a nosa cultura está nas nosas
mans”. Trátase dun
traballo colectivo e levado a cabo por un grupo de amigos que se xuntaron para
render homenaxe ao poeta e tamén amigo Xosé María Díaz Castro, homenaxeado nas
pasadas Letras Galegas.
Farase en primicia en Arteixo, despois doutras seis exposicións en ámbitos culturais levados a cabo desde organismos oficiais, e será da man dunha asociación humilde, como é Lisístrata, que xa asumíu en tempos un concerto “De autores e cantores…” (Mini e Mero acompañados por Saxa) e que da man de Ana Hermida, volve dirixir e estimular esta actividade cultural por estas terras.
A obra inédita do poeta é unha obra importante
que conviña resaltar dalgún xeito. O grupo A Quenlla interpreta 15 poemas do
autor, 13 novos e inéditos e dous dos máis coñecidos do seu libro
"Nimbos", publicado antes da súa morte en 1991. Apórtase un libro, obra de D. Alfonso Blanco
Torrado, amigo persoal do autor e depositario da súa obra literaria, quen fai
un percorrido pola súa obra e pola súa personalidade xenerosa e chea de
humanismo. D. Xulio Xiz Ramil, amigo do autor e xornalista e coautor da recolla
de imaxes e son, aporta un DVD en recorrido pola xeografía vital do autor
recitando poemas propios e en conversa con outras persoas da súa contorna.
Todo este traballo amósase no "Concerto
Didáctico" especialmente deseñado para Asociacións Culturais sen ánimo de
lucro que queiran divulgar a obra poética e tan delicada de Xosé María Díaz
Castro. Estará o grupo A Quenlla e dará un concerto en
directo. Estará tamén o autor do Libro, D. Alfonso Blanco, e falará da
dimensión do autor en cuestión, e tamén o autor e director da recolla das
imaxes e entrevista, D. Xulio Xiz, que falará e será presentador, aportando
algunhas imaxes que van no vídeo sobre Díaz Castro.
Farase en primicia en Arteixo, despois doutras seis exposicións en ámbitos culturais levados a cabo desde organismos oficiais, e será da man dunha asociación humilde, como é Lisístrata, que xa asumíu en tempos un concerto “De autores e cantores…” (Mini e Mero acompañados por Saxa) e que da man de Ana Hermida, volve dirixir e estimular esta actividade cultural por estas terras.
Para ver o video, premer no enlace A QUENLLA CANTA A DÍAZ CASTRO “DESORBALLANDO OUTONOS” EN ARTEIXO
Ningún comentario:
Publicar un comentario