Todos os anos polo mes de xullo a AA.VV. Comarca de Teixeiro organiza unha semana cultural, que xa vai pola súa XV edición e que conta co apoio de toda a veciñanza. Ata alí nos achegamos cos nosos contos para tentar concienciar á infancia na igualdade e violencia de xénero. Fomos testemuñas da implicación, traballo, esforzo e colaboración de toda unha vila.
Cando estabamos coas nosas historias no auditorio e me dirixín a un neno do público, quedou sen saber que facer e o pai díxolle, "venga, tu sabes la respuesta", daquela preguntei se era galego, dixo que non, que viñan de vacacións aquí e sempre elixían esas datas para participar da Semana da Cultura, díxenlles que se había algunha palabra que non entendesen eu aclararía o significado e seguín contando, non preguntou nada, entendeuno todo, o seu respecto e amor pola cultura nosa foi fermoso.

Cando non se poden poñer fotos da actividade elixo outra, coma esta relacionada tamén coa igualdade, fágoo en homenaxe a todo o profesorado que coida á infancia e ama o seu traballo, que importantes son, non se lles fai xustiza, eu si recoñezo o seu gran labor, sei que as nenas e nenos tamén o fan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario