O público infantil non sabía quen era Manuel María, así que o
primeiro que fixen foi a presentación oportuna, cando marcharon xa o coñecían
físicamente, xa leran a súa obra, xa sabían da Terra Chá, de Outeiro de Rei... Coñeceron
palabras novas e fermosas como "señardade" e por raro que pareza tampouco coñecían o carro, nunca viran ningún, así que tocou
falar do fungueiro, do eixo, da chavella… Escoitaron, leron, rimaron, xogaron e cantaron os
seus poemas… querían máis, pero era hora de marchar.
domingo, 28 de febreiro de 2016
sábado, 27 de febreiro de 2016
O día que estivemos contando "A historia en Feminino" en Meicende
“Cóntame outra vez” contos para a infancia na Biblioteca de Arteixo
Os contos clásicos son atemporais, máxicos e
estimulan a imaxinación da infancia. Lobos, ogros, heroínas e animais con
personalidade propia son personaxes que simbolizan o positivo e o negativo e
que lles axudan a superar os seus conflitos. Contaremos para o público infantil
contos de sempre para que nenas e nenos disfruten como nunca.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
Cóntame outra vez,
contos
martes, 23 de febreiro de 2016
Celebramos o Día da Muller en Arteixo coa proxección de "Fíos Fóra"
Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai
historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60
foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que
agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil
aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos
nós deste sistema.
A Asociación Cultural Lisístrata organiza a proxección de Fíos Fóra en
Arteixo (capital mundial da producción téxtil) o vindeiro 5 de marzo ás 20:00
h. no Auditorio do Concello, a carón do Paseo Fluvial, no que posteriormente
haberá un coloquio coas persoas responsables do documental.
Achégate a Arteixo para celebrar o Día da Muller con Fíos Fóra,
"historias de obreiras, entre costuras e patróns". Un documental de Illa Bufarda para Amarante Setem.
A entrada é de balde ata completar aforo. Podes reservalas no seguinte
enderezo: lisistrata.asociacion@gmail.com
Etiquetas:
8M,
Arteixo,
Arteixo en Feminino,
Día da Muller,
documentais,
igualdade
sábado, 13 de febreiro de 2016
Rimando e Xogando con Manuel María na Biblioteca de Pastoriza
Esta semana achegarémonos a Pastoriza para render unha homenaxe a Manuel
María, neste seu ano das Letras Galegas. O autor chairego será obxecto de lecturas, xogos, rimas, cancións... Unha
maneira de achegar ao público infantil o seu traballo e a súa figura que estará
nas voces de Ana Hermida e das nenas e nenos de entre 4 e 11 anos que por alí
se acheguen. Teremos pequenos xoguetes poéticos cheos de entretemento, versos que ás
veces son cantados, historias unhas, con actividades para a infancia e
outras nas que interactúan coa contadora.
A cita coa poesía será o xoves 18 na Biblioteca Miguel Sande de
Pastoriza, ás 18:50 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
Día das Letras Galegas,
homenaxes,
poesía,
Rimando e Xogando
venres, 5 de febreiro de 2016
Tecín soia a miña tea, a Rosalía de Castro máis feminista visitou A Pobra do Caramiñal con motivo do 25N
O Concello de A Pobra do Caramiñal programou con motivo do Día
Internacional da eliminación da violencia contra a muller, "Tecín soia a
miña tea", dramatización de textos de Rosalía de Castro. Foron dúas
sesións dirixidas ao alumnado do Ies A Pobra, onde Ana Hermida achegou a parte máis
feminista e reivindicativa da escritora. Día no que alumnado e profesorado participaron da
actividade con lecturas, debate e refexións nun salón de actos cheo de mozos e mozas con ansias de disfrutar da Nai das nosas letras.
Facemos as paces?, contos na Biblioteca Ánxel Casal para conmemorar o Día da Paz
Contos para que a infancia medre nos valores da paz e non violencia, historias nas que está presente a resolución de conflitos e o respecto entre as xentes e os pobos do mundo. A través das diferentes historias de castelos, exércitos, animais… nenas e nenos coñecerán valores tan importantes como a paz, a solidariedade, a amizade…
Será o sábado 6 de febreiro, no salón de actos da
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 12:00 h.
luns, 1 de febreiro de 2016
A historia en Feminino na Biblioteca Central de Arteixo
Seguirei tentando contribuír, moi humildemente, a visibilizar e poñer en
valor a tantas mulleres marabillosas que polo feito
de ser mulleres nun mundo onde a historia, escrita por e para os homes, non
lles dá o seu lugar. Irei alí onde o soliciten, é un compromiso persoal, anque teña que escoitar algunha que outra vez "pero á que non sabedes cambiar unha buxía?" "as mulleres só saben de maquillaxe" "eso que contas non o creo"...
Foi a mellor lección para a infancia, eu contando e outra persoa desmentindo o que eu dicía, daquela expliqueilles ás nenas que escoitarían moitas veces na súa vida algo semellante, pero que non fixeran caso e comecei a rebatir, argumentar, amosei libros, vídeos... quedoulles moi claro que esas mulleres eran extraordinarias e comezaron a dicir que tamén querían ser como elas, eu díxenlles: podedes ser o que queirades ser, resposta delas, si, ese home non ten razón. Anque triste e duro ese día (non ocorreu nesta biblioteca) foi moi gratificante a resposta do público infantil.
Foi a mellor lección para a infancia, eu contando e outra persoa desmentindo o que eu dicía, daquela expliqueilles ás nenas que escoitarían moitas veces na súa vida algo semellante, pero que non fixeran caso e comecei a rebatir, argumentar, amosei libros, vídeos... quedoulles moi claro que esas mulleres eran extraordinarias e comezaron a dicir que tamén querían ser como elas, eu díxenlles: podedes ser o que queirades ser, resposta delas, si, ese home non ten razón. Anque triste e duro ese día (non ocorreu nesta biblioteca) foi moi gratificante a resposta do público infantil.
domingo, 31 de xaneiro de 2016
O 25N estivemos Contando en feminino na EEI de Barrionovo
Sempre é un inmenso pracer e unha honra compartir espazo, tempo e historias co alumnado da Escola de Educación Infantil de Barrionovo. Non tedes máis que botarlle un ollo á foto (sempre que poño imaxes da infancia é porque hai consentimento previo), escoitan con moitísima atención, participan moi activamente e o máis importante, son consciente de que lles chega a mensaxe de igualdade e non violencia de xénero.
Este ano fun contar A historia en Feminino a unha biblioteca onde estaba unha destas destas nenas e cando recoñeceu unha imaxe dixo "esa muller é unha valente" e contou o que fixera, seguiu contándonos o significado do lazo lila, nin tempo me deu a dicir nada, sorrindo volveu dicir "ti estiveches no meu cole o ano pasado", foi daquela cando a nai que estaba ao fondo preguntou sorprendida "e ti lembras o que che contou hai un ano?". De verdade que foi unha recompensa fermosísima. Grazas por todo canto recibo, moitas grazas.
Este ano fun contar A historia en Feminino a unha biblioteca onde estaba unha destas destas nenas e cando recoñeceu unha imaxe dixo "esa muller é unha valente" e contou o que fixera, seguiu contándonos o significado do lazo lila, nin tempo me deu a dicir nada, sorrindo volveu dicir "ti estiveches no meu cole o ano pasado", foi daquela cando a nai que estaba ao fondo preguntou sorprendida "e ti lembras o que che contou hai un ano?". De verdade que foi unha recompensa fermosísima. Grazas por todo canto recibo, moitas grazas.
Etiquetas:
25N,
Ana Hermida,
Arteixo,
colexios,
Contando en feminino,
contos,
Día da Violencia de Xénero,
EEI,
igualdade,
violencia de xénero
xoves, 28 de xaneiro de 2016
O día que estivemos Rimando e Xogando en San Sadurniño
O público era o alumnado do Ceip do Concello de San Sadurniño, as idades estaban comprendidas entre tres e oito anos, máis dun cento de nenas e nenos que rimaron, escenificaron, cantaron, recitaron, xogaron... e ao remate subiron ao escenario da Auditorio e bailaron ao son da música das palabras, a poesía. Que a poesía é do agrado da infancia é incuestionable, que disfrutan cos poemas tampouco se pode dubidar. Deixo unha mostra dos beneficios que as palabras envoltas en versos lles aportan ao mundo infantil.
Etiquetas:
Ana Hermida,
colexios,
Día das Letras Galegas,
homenaxes,
poesía,
Rimando e Xogando,
San Sadurniño
mércores, 27 de xaneiro de 2016
Polo mundo adiante no Concello de Pontedeume
Levamos á Casa da Cultura do Concello de Pontedeume, Polo mundo adiante, contos, xogos e cancións dos cinco continentes que achegan á infancia a cultura e costumes dos diferentes pobos do mundo. Cando faltaban uns minutos para comezar escoitei un balbordo e moitas risas que viñan de fóra, eran as nenas e nenos xogando mentres agardaban na praza. Entraron, escoitaron, participaron, xogaron e cantaron nunha sala chea dun público entregado.
Etiquetas:
Ana Hermida,
contos,
Polo mundo adiante,
Pontedeume,
Rede Cultural Deputación AC
Contamos A historia en Feminino no Concello de San Sadurniño
Dentro das actividades que o Concello de San Sadurniño programou para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, estaba A historia en Feminino. Ata alí viaxamos para contar ao alumnado do Ceip San Sadurniño historias de mulleres extraordinarias que houbo ao longo da historia, fascinantes unhas, sorprendentes outras. Mulleres ás que queremos dar o seu lugar na historia, unha historia que non as trata, aínda hoxe, como debera.
domingo, 24 de xaneiro de 2016
Compostela tivo Un Nadal cheo de contos no CSC José Saramago de Vite
Achegábase o Nadal e as risas das nenas e nenos poñían a banda sonora ao Centro Socicultural José Saramago de Vite, estaban coa ilusión propia desas datas, era todo un bule bule. Cheguei e dúas nenas foron as encargadas de guiarme polo centro ata o meu destino, a biblioteca. Despois das presentacións de rigor, as preguntas, as caras de interese, de risa, de case susto... volvíanse repetir; a infancia é transparente e reflicte nos seus ollos e palabras o seu pensar, gústame moito que expresen todo o que desexen, son marabillosos os comentarios, a súa inocencia. Rematamos, como sempre, cantando panxoliñas, un momento moi participativo e que disfrutamos todas as persoas presentes.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Compostela,
contos,
CSC,
Nadal e Reis,
Rede Cultural Deputación AC,
Un Nadal cheo de contos
sábado, 23 de xaneiro de 2016
Contos de igualdade e violencia de xénero no Concello de Teo
Estivemos Contando en feminino no Concello de Teo para un público que evidencia ter o hábito lector adquirido e que manifesta o seu ritual cando se dispón a escoitar e participar das historias. É moi agradable sentir ese respecto, esa atención, esa participación, como tamén é fermoso tentar concienciar na igualdade e violencia de xénero entre risas usando os contos como medio para tal fin. As nenas e nenos, ao final das historias e cando reflexionamos sobre o tema, fixéronme unhas promesas, eu non dubido da súa palabra e sei que as van cumprir.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
Contando en feminino,
contos,
igualdade,
Ler conta moito,
Teo,
violencia de xénero
venres, 22 de xaneiro de 2016
A Historia en Feminino na Voz de Galicia
Deixamos a reseña que o xornal La Voz de Galicia fixo da nosa actividade A Historia en Feminino o día que estivemos na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela. Para a infancia o mellor referente está na familia, nas persoas adultas, en Compostela predican co exemplo.
Etiquetas:
A historia en Feminino,
Ana Hermida,
bibliotecas,
BPM Ánxel Casal,
contos,
igualdade,
prensa,
violencia de xénero
Rimando e xogando, poesía para a infancia en Compostela
A
Asociación de Escritores en Lingua Galega "AELG" faise eco na súa
axenda de Rimando e Xogando, actividade para o público infantil na Biblioteca
Ánxel Casal de Santiago de Compostela.
Deixamos o enlace á páxina COMPOSTELA: RIMANDO E XOGANDO, POR ANA HERMIDA, ACTIVIDADE CON TEXTOS POÉTICOS GALEGOS
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
bibliotecas,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
poesía,
Rimando e Xogando
O mundo dos números, contos para a infancia na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago
Nun soleado sábado compostelán a infancia, acompañada das súas familias, achegouse á Biblioteca, a casa do saber e da fantasía, para asistir á sesión de contos. Alí comprobou que o mundo dos números non é tan diferente ao dos humanos. Desfilaron ante as persoas alí presentes personaxes que reflectían o mellor e o peor do xénero humano que lles fixeron reflexionar mentres, envoltos cun lazo de palabras, os valores prendían nesas mentes abertas e sen prexuízos.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
contos,
O mundo dos números
mércores, 20 de xaneiro de 2016
Estivemos Contando en feminino en Carballo
Ese día tiña, ao igual que outros moitos, sesión doble, era no Ceip Fogar do Concello de Carballo, nunha actividade organizada pola Anpa Pedras Blancas e como podedes comprobar a visita pagou a pena, sempre paga a pena. Que máis podo pedir? É moi gratificante sentir que cando rematas de contar e atender todas as súas dúbidas e preguntas, cando xa estás recollendo, alguén se achega, te mira e di timidamente...podo darche unha aperta? cando vas volver? por moito que se repita eu sigo a emocionarme. Como tamén me emocionou que entre sesión e sesión na biblioteca, vise como as nenas e nenos maiores contaban contos no recreo a escolares de menor idade.
En Curtis tiveron Un Nadal cheo de contos
Neste Nadal viaxamos ata o Concello de Curtis, pertencente á Comarca de Betanzos, para compartir historias, contos, panxoliñas... Nenas, nenos e tamén persoas adultas achegáronse a escoitar e participar da maxia propia desas datas coa ilusión de quen agarda o ansiado durante todo un ano. Rematamos sempre con panxoliñas, momento moi participativo e que eu disfruto e agradezo moito.
Ocorre moitas veces, pero non sempre hai foto que o acredite, nesta ocasión deixo a mostra. Explícome, o público infantil é marabilloso e moitas veces leva bonecos, peluches... para que os seus "amigos" tan queridos disfruten e compartan eses momentos, nesta ocasión foi un peluche (que podedes ver na imaxe) que saíu á escena coa súa amiga cantando a dúo unha panxoliña, actuación que foi moi aplaudida polo público presente.
Ocorre moitas veces, pero non sempre hai foto que o acredite, nesta ocasión deixo a mostra. Explícome, o público infantil é marabilloso e moitas veces leva bonecos, peluches... para que os seus "amigos" tan queridos disfruten e compartan eses momentos, nesta ocasión foi un peluche (que podedes ver na imaxe) que saíu á escena coa súa amiga cantando a dúo unha panxoliña, actuación que foi moi aplaudida polo público presente.
martes, 19 de xaneiro de 2016
Contos moi naturais no Gaiás no Día Mundial do Medio Ambiente
O Día Mundial do Medio Ambiente tivo lugar no Museo Centro
Gaiás (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela) o I congreso
escolar “Rede Natura 2000. Escolas en Acción”. Durante esta
xornada presentáronse 10 proxectos de investigación realizados durante o
curso escolar. Organizou
a actividade a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestructuras da Xunta de Galicia, co apoio do CEIDA (Centro de Extensión
Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).
Alí estivemos coa infancia,
participando coas nosas historias e aprendendo dese conxunto de vontades que
demostraron que o futuro, se depende das novas xeracións, será verde e azul.
Foi fermosísimo ver como preparaban os seus traballos baixo a supervisión do
profesorado e como expoñían os mesmos baixo unha ollada de fachenda das persoas
encargadas de educar esas mentes limpas. O meu recoñecemento ao gran labor do profesorado e persoal do Ceida.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Ceida,
colexios,
Compostela,
contos,
Contos moi naturais,
Xunta de Galicia
luns, 18 de xaneiro de 2016
Contos e lendas en Dodro polo Samaín
A nosa Terra está chea de auténticas marabillas, contos e lendas que a infancia, penso, debe coñecer. As nenas e nenos presentes ese día preguntáronme se estaba inventando o que lles contaba, foi daquela cando lles expliquei que esas historias teñen moitísimos anos, que son de tradición oral e que chegaron ata os nosos días grazas á memoria da xente e ás persoas que se preocuparon de recollelas en libros para que nunca se perdesen.
Eso foi o que lles levei ao Concello de Dodro, era época de Samaín, polo que tamén houbo un conto de medo, preguntei se eran valentes, dixeron que si, que se terían medo, dixeron que non. Así que a última historia estababa chea de "medos" para que cando regresaran á súa casa, xa coa pouca luz da noitiña, tivesen que ir con mil ollos, cen oídos e prestar atención ao vento, ás sombras... tiña máis medo eu que o público.
Contamos A historia en Feminino na Biblioteca do Froxel
Cando as nenas e nenos coñecen as historias destas mulleres extraordinarias, a sorpresa e admiración é patente. É moi gratificante comprobar o antes e o despois. Chegan con predisposición e sen prexuízos, escoitan con atención e moito interese, preguntan e preguntan e cando marchan, veñen preguntarme as últimas dúbidas e facerme comentarios.
A foto é de cando lles conto a historia dunha muller exemplo de superación e que teño comprobado que lles fascina, nada ten que ver o que pensan ao comezo do conto como a idea que teñen ao final. Hai moitas mulleres que coñecer, seguiremos tentando levar a súa historia, a historia real, á infancia e maiores que queiran coñecelas.
Etiquetas:
A historia en Feminino,
Ana Hermida,
Arteixo,
Arteixo en Feminino,
bibliotecas,
Cim,
contos,
igualdade,
violencia de xénero
domingo, 17 de xaneiro de 2016
Contos de igualdade e violencia de xénero en Tomiño
A Anpa Ceip Antonio Fernández de Goián, no Concello de Tomiño, organizou a actividade de "Contando en feminino", estiven meses agardando a visita e por fin chegou o día. Cando cheguei aínda estaba o colexio pechado, non é lectivo polas tardes, polo que cando foron chegando as nenas e nenos, cando a directora abriu o colexio... pareceume moi fermoso. Alabar o labor de concienciación na igualdade e violencia de xénero de todas e cada unha das nais (neste caso eran todas mulleres) que acudiron a escoitar contos, os meus parabéns para as nenas e nenos que participaron dos contos, un público moi participativo, grazas.
Os contos non son tal e como sempre nos teñen contado, eso é o que eu lles digo, por eso existe Contando en feminino e polo mesmo motivo algún destes personaxes rematan como este da foto... por que? ahhh.
Os contos non son tal e como sempre nos teñen contado, eso é o que eu lles digo, por eso existe Contando en feminino e polo mesmo motivo algún destes personaxes rematan como este da foto... por que? ahhh.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
colexios,
Contando en feminino,
contos,
igualdade,
Tomiño,
violencia de xénero
martes, 12 de xaneiro de 2016
"Tecín soia a miña tea" xunta a Rosalía e Manuel María
O día que representei en Vilagarcía a Rosalía de Castro con Tecín soia a miña tea, ao final da dramatización alguén do público que estaba ao fondo, e xa no debate posterior, dixo que tamén Manuel María tiña cousas moi bonitas para a infancia e puxo como exemplo o poema Galicia, ao que respondín que ese poema está musicado por Suso Vaamonde e nese preciso momento comezamos a cantar: Galicia docemente está ollando o mar....
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
Día da Poesía,
feminismo,
homenaxes,
Ler conta moito,
poesía,
prensa,
Rexurdimento,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea,
Vilagarcía
venres, 8 de xaneiro de 2016
Deixamos en Fene "Un Nadal cheo de contos"
O público, tanto infantil como adulto, da Biblioteca Municipal de Fene
participou moi activamente durante toda a actividade, polo que decidín darlles o
protagonismo que merecían. Tal e como se pode apreciar na foto e ao remate dos contos, as nenas
e nenos, mesmo tamén as persoas adultas encheron esa mañá soleada de decembro
de panxoliñas e compartiron os seus desexos propios desas datas. Seguro que os
Reis Magos tomaron boa nota.
Etiquetas:
Ana Hermida,
contos,
Fene,
Nadal e Reis,
Rede Cultural Deputación AC,
Un Nadal cheo de contos
sábado, 2 de xaneiro de 2016
Comezamos o ano "Contando en feminino" na Biblioteca Municipal Ágora do Concello da Coruña
O Nadal préstase a preparar actividades especiais. Os contos como
medio de difusión cultural tradicional supoñen unha ferramenta perfecta para
axudar na difusión de valores nos máis pequenos. Os valores de igualdade non
son un motivo específico do Nadal, pero son moi necesarios nunhas datas nas que
nenos e nenas atopan estímulos por todas partes sobre comportamentos, roles,
educación, futuro... E nada mellor que uns contos para lembrar que aquí todas
somos iguais!
Serán
contos e historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol
feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos
tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como
algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a
formar en igualdade.
A cita coa igualdade
será o luns 4 de xaneiro na Biblioteca Ágora do Concello da Coruña ás 12:00 h.
e require inscrición previa.
Etiquetas:
A Coruña,
Ana Hermida,
bibliotecas,
Contando en feminino,
contos,
igualdade,
violencia de xénero
luns, 28 de decembro de 2015
Un Nadal cheo de contos hoxe no Concello de Teo
Esta tarde
estaremos no Concello de Teo para poñer nos
zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión.
Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas
e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes, outras misteriosas...
A cita será na
Casa Común dos Tilos hoxe 28 de decembro ás 18:00 h. e a entrada é libre e
gratuíta.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Nadal e Reis,
Rede Cultural Deputación AC,
Teo,
Un Nadal cheo de contos
luns, 21 de decembro de 2015
Un Nadal cheo de contos no Concello de Curtis
A próxima cita cos contos de Nadal será no Concello de Curtis, un Concello onde atoparse, un lugar para perderse. Ata alí levaremos contos que poremos nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes, outras misteriosas...
Os contos agardan por todas as nenas e nenos que se acheguen ao Edificio Multiusos de Curtis, o mércores 23 de decembro ás 17:00 h., a entrada é libre e gratuíta.
Ana Hermida en Muxía na Gala de entrega de premios: Contos de Nadal que organiza La Voz de Galicia
O pasado sábado celebrouse no Concello de Muxía a gala de entrega de premios: Contos de Nadal, na súa XII edición e que como cada ano, organiza o xornal galego La Voz de Galicia. A gala tivo lugar no Salón de Actos do Voluntariado e foi entrañable e esperanzadora, dándose cita dez nenas e nenos con talento, ilusión, compromiso, amor á literatura e á nosa cultura. Os ollos de felicidade evidenciaban o importante dese acto por e para a infancia premiada.
As autoridades presentes loubaron tanto talento alí representado, os alcaldes do Concello de Muxía, Concello de Zas, a Concelleira de Cultura do Concello de Carballo... e o Director de La Voz de Galicia, deron ao acto a importancia que merecía. Foron moi cariñosos coas persoas premiadas e tiveron palabras que farán medrar neles esa semente que xa teñen e que de seguro seguirán cultivando. Tanto é así que o muxián Xosé Luís Vilela, director de La Voz de Galicia, sorprendeu a todo o público "contando un conto" de amor á nosa terra, foi, sen dúbida, un acto moi fermoso.
Foi un acto no que tiven o privilexio de ser a mestra de cerimonias desa mañá de sábado inesquecible e tamén de contar contos de igualdade para a infancia e adultos, un acto no que ademáis o premiado tivo unha lembranza para o seu mestre xa xubilado, un acto no que Pazos de Merexo aos seus noventa e tantos anos fixo as delicias coa súa acordeón da que saían unhas notas preciosas que arrincaron dos presentes unha ovación inmensa.... foi, en resumo, un acto moi fermoso.
venres, 18 de decembro de 2015
O Concello de Fene organiza para a infancia Un Nadal cheo de contos
Un Nadal cheo de contos chega á Biblioteca Municipal de Fene, onde Ana Hermida será a encargada de poñer nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade.
A cita cos contos e coa maxia do Nadal será o luns 21 na BPM Xosé María Pérez Pallaré do Concello de Fene, ás 12:00 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
contos,
Fene,
Nadal e Reis,
Rede Cultural Deputación AC,
Un Nadal cheo de contos
Mañá en Muxía estaremos Contando en Feminino na Gala de entrega de premios: Contos de Nadal
Infancia, profesorado, alcaldes e familias
estanse preparando para a xornada de festa que se vivirá mañá en Muxía. O salón
de actos do Voluntariado acollerá, ás 12.00 horas, o acto de entrega dos
premios da 12.ª edición dos Contos de Nadal, un certame organizado por La Voz
de Galicia e Radio Voz. Non só será unha xornada de alegría para as persoas
polos galardóns, senón tamén artística e cargada de valores da man de Ana
Hermida, quen ademáis, conducirá o acto de entrega de premios.
Entrevista a Ana Hermida no xornal La Voz de Galicia
La Voz de Galicia recolle neste artigo un pequeno resumo da entrevista radiofónica que lle fixeron a Ana Hermida, con motivo da súa actuación "Contando en feminino" que terá lugar en Muxía o vindeiro sábado na Gala de entrega de premios dos Contos de Nadal que organiza La Voz de Galicia.
xoves, 17 de decembro de 2015
Un Nadal cheo de contos no Concello de Cee
O Concello de Cee terá Un Nadal cheo de contos, actividade que organiza ARCE Pedras Miúdas de Lires para o público infantil. Ana Hermida será a encargada de poñer nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade.
Os contos e a maxia do Nadal agardan polas nenas e nenos que por alí se acheguen, será o sábado 19 de decembro na Antiga Escola de Lires ás 18:00 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Cee,
contos,
Nadal e Reis,
Rede Cultural Deputación AC,
Un Nadal cheo de contos
Estaremos "Contando en feminino" no Concello de Muxía, na Gala de entrega dos premios Contos de Nadal de La Voz de Galicia
O Concello de Muxía, en plena Costa da Morte, será o escenario para achegar ao público infantil contos
contados dende a perspectiva de xénero e igualdade. Contos e historias para ir
concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional
nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e
tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas
identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A cita coa igualdade será o sábado 19 de decembro no Salón de Actos do Voluntariado do Concello de Muxía ás 12:00 h. nun acto aberto ao público, na Gala de entrega dos premios "Contos de Nadal" que organiza o xornal La Voz de Galicia.
mércores, 16 de decembro de 2015
Un Nadal cheo de contos na Comarca da Terra de Melide
O Concello de Melide, encrucillada dos Camiños de Santiago, será a nova visita que Ana Hermida fará para achegar Un Nadal cheo de contos ao alumnado do Ceip nº 1, serán dúas sesións para infantil e primaria nunha actividade que organiza a Anpa Espertar.
Poremos nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade.
Os contos agardan polas nenas e nenos do Ceip Nº 1 do Concello de Melide, o xoves 17 de decembro ás 11:00 h.
Ana Hermida recala no colexio de Louro, así informa La Voz de Galicia da nosa actividade
O Ceip de Louro foi o escenario onde Ana Hermida levou ao alumnado Un Nadal cheo de contos, actividade organizada pola Anpa Agra de Filgueira de Louro. Así o recolle o xornal galego La Voz de Galicia.
Etiquetas:
Ana Hermida,
colexios,
contos,
Muros,
Nadal e Reis,
prensa,
Rede Cultural Deputación AC,
Un Nadal cheo de contos
O xornal Que pasa na Costa recolle a visita de Ana Hermida a Muros
O xornal galego Que pasa na Costa, leva nas súas páxinas a visita de Ana Hermida ao Concello de Muros para achegar Un Nadal cheo de contos ao alumnado do Ceip de Louro, unha actividade organizada pola Anpa Agra de Filgueira.
Etiquetas:
Ana Hermida,
colexios,
contos,
Muros,
Nadal e Reis,
prensa,
Rede Cultural Deputación AC,
Un Nadal cheo de contos
luns, 14 de decembro de 2015
O Concello de Muros terá "Un Nadal cheo de contos "
Viaxamos á Comarca de Muros onde poremos nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade.
A cita coa maxia do Nadal será no Ceip de Louro, Concello de Muros, o mércores 16 de decembro ás 13:00 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
colexios,
contos,
Muros,
Nadal e Reis,
Rede Cultural Deputación AC,
Un Nadal cheo de contos
O Noticieiro Galego recolle a nosa actividade "Contando en feminino"
Estivemos Contando en feminino no Concello de Valdoviño para conmemorar o Día da Muller e o xornal O Noticieiro Galego recolleu así a noticia.
Etiquetas:
8M,
Ana Hermida,
bibliotecas,
Contando en feminino,
contos,
Día da Muller,
igualdade,
prensa,
Valdoviño,
violencia de xénero
sábado, 12 de decembro de 2015
El Correo Gallego recolle a nosa actividade "Un Nadal cheo de contos"
O xornal El Correo Gallego faise eco da visita de Ana Hermida ao Centro Sociocultural José Saramago de Vite en Santiago de Compostela, para achegar á infancia compostelá Un Nadal cheo de contos.
A información neste enlace PRETO DE 170 ACTIVIDADES COMPLEMENTAN A OFERTA DE NADAL NOS CENTROS SOCIOCULTURAIS DE SANTIAGO
A información neste enlace PRETO DE 170 ACTIVIDADES COMPLEMENTAN A OFERTA DE NADAL NOS CENTROS SOCIOCULTURAIS DE SANTIAGO
Etiquetas:
Ana Hermida,
Compostela,
contos,
CSC,
Nadal e Reis,
prensa,
Rede Cultural Deputación AC,
Un Nadal cheo de contos
martes, 8 de decembro de 2015
Un Nadal cheo de contos en Compostela, no CSC José Saramago de Vite
Poremos nos zapatiños
de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos
panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás
veces son divertidas, outras sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de
bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día
serán realidade.
Será no Centro Sociocultural José Saramago de Vite, en Compostela, o xoves 10 de decembro ás 18:30 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Compostela,
contos,
CSC,
Nadal e Reis,
Rede Cultural Deputación AC,
Un Nadal cheo de contos
xoves, 26 de novembro de 2015
Pechamos a campaña do 25N en Arteixo con "A historia en Feminino" en Meicende
Estivemos en todas as bibliotecas de Arteixo (O Froxel, Arteixo, Oseiro, Pastoriza e Meicende) para achegar unha versión da historia máis real e así poñer en valor a figura feminina, tamén para concienciar na igualdade e na loita contra a violencia de xénero.
Polo que na campaña organizada polo Cim de Arteixo en colaboración coa rede de Bibliotecas deste Concello e coa colaboración da Deputación da Coruña, Ana Hermida achegou "A historia en Feminino" ao público infantil e tamén ás persoas adultas que estaban presentes. Mulleres extraordinarias e inxustamente tratadas pola historia, polo que seguiremos tentando achegar as súas vidas e feitos a quen os queira escoitar.
Polo que na campaña organizada polo Cim de Arteixo en colaboración coa rede de Bibliotecas deste Concello e coa colaboración da Deputación da Coruña, Ana Hermida achegou "A historia en Feminino" ao público infantil e tamén ás persoas adultas que estaban presentes. Mulleres extraordinarias e inxustamente tratadas pola historia, polo que seguiremos tentando achegar as súas vidas e feitos a quen os queira escoitar.
Mañá é a última cita no Concello de Arteixo, será na Biblioteca do CSC de Meicende ás 18:50 h. e a entrada é, coma sempre, libre e gratuíta.
mércores, 25 de novembro de 2015
O Concello de San Sadurniño inclúe na súa progamación "A historia en Feminino" con motivo do 25N
Ana Hermida fará un achegamento ao alumnado do CPI de San Sadurniño, das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. A través de contos, curiosidades, diversión e xogos, tentamos facer visibles ás mulleres e que a infancia teña unha visión máis real da historia.
A cita coa historia en Feminino e coa igualdade será o xoves 26 na Casa da Cultura de San Sadurniño, ás 12:00 h.
martes, 24 de novembro de 2015
Estaremos Contando en feminino para o alumnado da EEI de Barrionovo, no Concello de Arteixo
Non podería
elixir mellor público para un 25N, as nenas e nenos de tres aniños. Eu son das
que pensa que é aí onde hai que incidir, educación e concienciación desde a
máis tenra infancia.
Volverei comprobar o labor tan importante que fai o profesorado baixo a dirección de
María Pousa, todo un exemplo, síntome moi honrada de que me deixen compartir
vivencias, contos, reflexións.
Mañá a partir
das 10:00 h. volveremos atoparnos, probablemente algún deses olliños que me
miran mentres conto, xa non estará, xa será "maior" e mudaría de
cole, pero o que sei seguro é que levará por sempre os valores aprendidos
durante a súa estancia na EEI de Barrionovo.
Etiquetas:
25N,
Ana Hermida,
Arteixo,
colexios,
Contando en feminino,
contos,
Día da Violencia de Xénero,
EEI,
igualdade,
violencia de xénero
luns, 23 de novembro de 2015
A Pobra do Caramiñal conmemora o 25N con "Tecín soia a miña tea" e a Rosalía máis feminista
O 25 de novembro é o día da Día
Internacional da eliminación da violencia contra a muller e, con tal motivo, o Concello da Pobra
programa para o alumnado do Ies da Pobra “Tecín soia a miña tea”.
Serán dramatizacións de
poemas de Rosalía de Castro. Este espectáculo pretende amosar unha Rosalía
actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos
homes, a defensa da muller, da súa terra... O desexo e ansias súas polo teatro "eu
quería ser actriz e non me deixaron". Unha Rosalía, a veces divertida,
outras reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas,
e algunha canción para honrar a nai da nosa terra.
A obra inclúe cancións da autoría de Baldomero Iglesias, Mero e un monólogo teatral de Miguel Anxo Fernán-Vello.
A obra inclúe cancións da autoría de Baldomero Iglesias, Mero e un monólogo teatral de Miguel Anxo Fernán-Vello.
Serán dúas sesións no
salón de actos do instituto para o alumnado de 3º da Eso e 1º de
Bacharelato. A primeira comezará ás 09:00 h. e a seguinte ás 10:40 h.
venres, 20 de novembro de 2015
O mundo dos números en Cambre
O mundo dos números non é tan diferente do mundo dos seres humanos. Os
números teñen vida propia. Todo cabe todo nestas historias tan divertidas como
sorprendentes, hai números envexosos, xenerosos, familias de números moi peculiares,
números que veñen doutros países… Non imos contar con eles, imos contar
historias de todos eles.
Estaremos contando historias destes números tan particulares no Concello de
Cambre, será no Centro Sociocultural do Graxal do Temple, o venres 20 ás 19:00
h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Cambre,
contos,
O mundo dos números,
Rede Cultural Deputación AC
mércores, 18 de novembro de 2015
Arteixo programa "A historia en Feminino" para concienciar á infancia na igualdade e violencia de xénero
Ana Hermida fará un achegamento ao mundo infantil das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. A través de contos, curiosidades, diversión e xogos, tentamos facer visibles ás mulleres e que a infancia teña unha visión máis real da historia.
A cita coa historia en Feminino e coa igualdade será nas bibliotecas: O Froxel-martes 17, Biblioteca Central de Arteixo-xoves 19, Oseiro-luns 23, Pastoriza-xoves 26, Meicende-venres 27, en horario a partir das 18:50 h.
martes, 17 de novembro de 2015
Estaremos contando "A historia en Feminino" na Bibioteca de Froxel
Será un achegamento ao mundo infantil das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. A través de contos, curiosidades, diversión e xogos, tentamos facer visibles ás mulleres e que a infancia teña unha visión máis real da historia.
A cita coa historia en Feminino e coas nenas e nenos que por alí se acheguen, será o martes 17 de novembro ás 18:50 h. na Biblioteca de Froxel “Francisco Vidal”.
domingo, 15 de novembro de 2015
No desmaio do teu bico, espectáculo de poesía e música galega, en Rianxo
No desmaio do teu bico é un recital poético-musical que xunta ao máis representativo da fermosa poesía galega. A música acompaña o fluir da poesía coas cancións que interpreta Ana Hermida acompañada polo músico O. Grabets, cancións que son da autoría de Baldomero Iglesias, Mero.
A dirección deste espectáculo é de Santiago Fernández, que xunto con Ana Hermida serán os intérpretes dun recital pensado para render homenaxe ás mulleres e homes poetas da nosa Terra.
A dirección deste espectáculo é de Santiago Fernández, que xunto con Ana Hermida serán os intérpretes dun recital pensado para render homenaxe ás mulleres e homes poetas da nosa Terra.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Ies,
música,
No desmaio do teu bico,
poesía,
Rede Cultural Deputación AC,
Rianxo,
Santiago Fernández
venres, 13 de novembro de 2015
Contando en feminino no Concello de Teo
Estaremos no Concello de Teo para achegar ao
público infantil contos contados dende a perspectiva de xénero e igualdade.
Contos e historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol
feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos
tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como
algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a
formar en igualdade.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
Contando en feminino,
contos,
igualdade,
Ler conta moito,
Teo,
violencia de xénero
O mundo dos números na Biblioteca de Santiago Ánxel Casal
O mundo dos números non é
tan diferente do mundo dos seres humanos. Os números teñen vida propia. Todo
cabe todo nestas historias tan divertidas como sorprendentes, hai números
envexosos, xenerosos, familias de números moi peculiares, números que veñen doutros
países… Non imos contar con eles, imos contar historias de todos eles.
A cita será o sábado 14 de
novembro ás 12:00 h. no salón de actos da Biblioteca.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
contos,
O mundo dos números
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















































